NOVAS SEMANAIS

martes, 22 de xaneiro de 2013

Xestión publica ou privada dos servizos sanitarios: Interesante artigo de Sergi Jiménez

Recoméndovos a lectura deste artigo co que, como o seu título indica,  se pretende "introducir elementos para un debate informado". O abeiro da situación que se está a vivir na sanidade madrileña,  plantéxanse,  entre outras, cuestións tales coma a necesidade de introducir "normas de bo goberno como son a transparencia e a rendición de contas á cidadanía, a participación dos axentes nas decisións, .... e a consideración de criterios explícitos de eficiencia e calidade na toma de decisións, todos criterios eles prácticamente ausentes na cultura de  xestión española". 
Segundo este artigo, "os recortes indiscriminados levan a unha erosión da calidade do sistema e o desapego dos profesionais. Políticas non xustificadas arriscan a desafección do cidadán cara ao sistema sanitario público e cara aos seus representantes, polo que deben adoptarse decisións intelixentes e informadas previamente polo coñecemento científico e técnico dispoñible."
Podes consultalo na seguinte ligazón:

Ningún comentario:

Publicar un comentario