NOVAS SEMANAIS

martes, 8 de xaneiro de 2013

O Goberno incorpora aos sindicatos á reforma das Administracións, trala petición de CSI-F

CSI-F reclama o inicio da Comisión cun plan e calendario de traballo concretos

O Goberno incorporou aos sindicatos á Comisión asesora sobre a futura reforma das Administracións Públicas, trala petición formal realizada pola Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F), sindicato máis representativo no sector.

O presidente do sindicato, Miguel Borra, mantivo unha reunión o pasado 28 de decembro cos subsecretarios do Ministerio da Presidencia e de Facenda e Administracións Públicas, no Palacio da Moncloa. Nesa reunión sinalouse a necesidade de que os axentes sociais estivesen presentes na citada comisión para todos aqueles asuntos relacionados co persoal.

Neste sentido, CSI-F felicítase da constitución desta Comisión e espera que se traduza en feitos concretos que permitan mellorar as condicións e dignificar o emprego dos traballadores da Administración, eliminar duplicidades e ineficiencias e ao mesmo tempo preservar a calidade dos servizos que reciben os cidadáns.

CSI-F espera que a comisión non se quede nun xesto e advirte de que os empregados públicos non van asistir como convidados de pedra á reforma das Administracións Públicas. Xa que logo, reclama que se constitúa canto antes, cun calendario e unhas liñas de traballo que, entre outros aspectos, deberían incluír a mellora das condicións, a profesionalización e a productividad dos empregados e empregadas públicas.

CSI-F cre que se debe aproveitar esta reforma para impulsar, dunha vez por todas, un Pacto de Estado no ámbito das Administracións Públicas, que pase páxina aos recortes que sufriron durante os últimos anos os traballadores deste sector e se lles compense nun periodo de tempo razoable, cando as circunstancias económicas o permitan.

Ningún comentario:

Publicar un comentario