NOVAS SEMANAIS

venres, 25 de xaneiro de 2013

Primeira sentenza xudicial contra a retirada da paga extra


A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F), sindicato máis representativo nas Administracións Públicas, felicítase pola primeira sentenza xudicial contra o Real Decreto do Goberno polo que se retirou aos empregados públicos a paga extra de Nadal.

En concreto, a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid condena á Axencia de Informática e Comunicacións da Comunidade de Madrid a devolver a parte proporcional da paga extra que fora devengada os meses previos á entrada en vigor do Real Decreto (14 días).

A sentenza estima parcialmente a demanda dos traballadores, pero CSI-F (sindicato personado na demanda) entende que é un primeiro paso para que os tribunais recoñezan a inxustiza que supuxo a retirada desta retribución aos empregados públicos. Ademais, coincide coa recomendación do Defensor do Pobo.

Neste sentido, esixe ao Goberno que devolva estas cantidades ao conxunto dos empregados públicos (no caso do persoal funcionario, a parte devengada ascende a 44 días, fronte aos 14 que establece a sentenza coñecida hoxe).

CSI-F utilizou os mesmos argumentos da sentenza nas diferentes demandas presentadas en todos os niveis da Administración polo que confía en que esta devolución deberase producir a todos os traballadores. En todo caso, o sindicato advirte de que chegará ata o final para que aos empregados pú blicos se lles devolva esta retribución.

Ningún comentario:

Publicar un comentario