NOVAS SEMANAIS

venres, 18 de xaneiro de 2013

O groso de empregados na Administración Xeral do Estado interpón mañá a reclamación da paga extra

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F), sindicato maioritario na Administración Xeral do Estado, e o resto de sindicatos con representatividade neste ámbito, interporán mañá, de forma colectiva, un recurso administrativo para a restitución da paga extra de Nadal. Este é o paso previo á demanda xudicial pola vía do Contencioso-Administrativo.

En concreto, presentaranse reclamaciones que afectan aos 13 ministerios que conforman o Goberno máis a Axencia Estatal de Administración Tributaria. Ao longo dos próximos días faranse efectivas as reclamacións no resto dos sectores da Administración, tanto no persoal laboral como funcionario, para que se restitúa este dereito salarial consolidado.

CSI-F confía en que estes recursos, presentados de xeito individual co respaldo das centrais sindicais, prosperarán e no seu caso, solicitarase a extensión da sentenza a todos e cada un dos empregados públicos afectados pola medida. Os sindicatos consideran que a retroactividade do decreto de recortes vulnera as garantías constitucionais, ademais de quebrar o principio de seguridade xurídica.

As organizacións sindicais, en breve,  tamén promoverán conflitos colectivos en todos os Convenios do ámbito da Administración Xeral do Estado cara a conseguir a nulidade do Real Decreto.

O colectivo de empregados públicos, de xeito paralelo, solicita unha reclamación parcial da parte proporcional da paga extra devengada os días previos á entrada en vigor do citado real decreto, en liña coas recomendaciones do Defensor do Pobo, que foi desatendida polo Goberno.

Ningún comentario:

Publicar un comentario