NOVAS SEMANAIS

martes, 29 de xaneiro de 2013

A retirada da "extra" de decembro desploma o comercio minorista


A retirada da paga extra de Nadal ao colectivo de empregados públicos repercutiu de xeito negativo sobre as vendas comerciais e por extensión no conxunto da economía do país, como veu denunciando a Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F), sindicato máis representativo nas Administracións Públicas, ao longo dos últimos meses.
Segundo os datos publicados hoxe polo INE, as vendas no comercio minorista esborralláronse un 10,2 no último mes do ano, respecto de decembro de 2011, acentuando en case dous puntos e medio a caída interanual de novembro (-7,8%) e encadenando así 30 meses de descensos consecutivos.
Estes datos seguen o ronsel do informe recientemente publicado polo Banco de España, segundo o cal a economía española intensificou a súa caída no cuarto trimestre de 2012 e contraeuse un 1,3 por cento no conxunto do ano.
CSI-F considera que os empregados públicos pagaron a peaxe dos obxectivos do déficit marcados polo Goberno, a través dunha medida tan inxusta e arbitraria como a retirada da paga extra de Nadal, decisión que foi recorrida, tanto a nivel administrativo como nos xulgados do social, no caso do persoal laboral.
Neste sentido, se finalmente se relaxan os obxectivos do déficit, tal e como apuntou onte o vicepresidente da Comisión e responsable de Asuntos Económicos, Olli Rehn,  e se confírman os signos de estabilización as diferentes administracións deberán compensar aos empregados públicos, nun tempo razoable.

Ningún comentario:

Publicar un comentario