NOVAS SEMANAIS

mércores, 9 de xaneiro de 2013

As medidas do Goberno contra o absentismo están inxustificadas

As diferenzas no absentismo entre o sector público e privado xa eran mínimas o ano pasado. A porcentaxe de absentismo no sector público ao longo do último trimestre foi do 1,75 por cento, respecto ao 1,76 do sector privado, segundo datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística.

Para a Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F), sindicato máis representativo nas Administracións Públicas, estes datos demostran que as recentes medias impulsadas polo Goberno están inxustificadas e absolutamente fóra de lugar e reclama que se elimine esta penalización. De feito, no mesmo periodo do ano pasado (segundo trimestre de 2011) a diferenza entre ambos sectores xa era mínima, en concreto, 2,09 por cento no sector público respecto ao 2,04 do privado.

A instrución de Xornada e Horarios, publicada o pasado 29 de decembro, penaliza con redución de retribuciones as situacións de baixa que non comporten incapacidade temporal (as enfermidades leves, como catarros ou lesións que non requiren baixa médica).

CSI-F entende que esta orde é unha nova volta de tuerca sobre os dereitos dos empregados públicos e contribúe a difundir a idea falsa de que o absentismo é maior na administración. Por outra banda, as medidas sobre a incapacidade temporal, entraron en vigor o 15 de outubro.

Os datos do INE desmontan esta tese e evidencian que as ausencias ao traballo por enfermidade, accidente ou incapacidade temporal son moi similares en ambos sectores. Ademais, o descenso no absentismo débese fundamentalmente á situación económica que atravesa o país. Por outra banda, é preciso chamar a atención en que os novos criterios do Goberno van dar lugar a situacións indesexadas, dado que por non perder diñeiro da súa nómina, empregados públicos como médicos, policías, ou profesores van acudir ao seu posto de traballo en condicións físicas mermadas ou, por exemplo, cos síntomas dun catarro, como febre ou malestar.

Segundo CSI-F, as administracións teñen instrumentos para perseguir a aquelas persoas que de xeito inxustificada se ausentan do traballo e xa que logo, non é necesario que volvan pagar xustos por pecadores. Neste sentido, CSI-F propoñerá o impulso de criterios obxectivos para evaluar a productividade dos empregados públicos, así como un novo plan de reordenación de emprego, no marco da futura reforma da Administración Pública que prepara o Goberno.

Ningún comentario:

Publicar un comentario