NOVAS SEMANAIS

domingo, 27 de xaneiro de 2013

Censura informativa no Sergas: "Estulticia institucional"

Segundo informa o diario "La Región", Dona Eloína Nuñez, curmá do Presidente da Xunta, e xerente da área de xestión integrada de Ourense, ven de emitir unha orde pola que o persoal sanitario non poderá atender as demandas de información dos medios sen "a debida autorización da Dirección". Esta prohibición exténdese non só á xornada laboral senon tamén  o seu tempo de lecer, o que se xustifica en aras ao principio de "deferencia institucional", principio que eu calificaría, mais ben, coma de "estulticia institucional". A verdade é que esta xente agota a calquera...
Podes ampliar a información  na seguinte ligazón:
censura informativa

Ningún comentario:

Publicar un comentario