Segundo informa o diario "El País", a sanidade madrileña presiona aos pacientes para operarse en clínicas privadas, co fin de evitar as supostas demoras da sanidade pública.
¿Cómo o fan? Se lle informa aos pacientes da demora máxima, non da que realmente existe. A modo de exemplo, se da o caso de pacientes que de non aceptar a
derivación poderían operarse no seu hospital nun plazo dun ou dous
meses, e se lles informa de que poderían tardar ata seis meses.
¿Por qué minten? Porque a entonces Presidenta de CCAA de Madrid se
comprometeu a dimitir se algún madrileño agardaba máis de 30 días para
ser operado.
Enton, ¿ningún madrileño agarda mais de 30 días para ser operado? Vaiamos por partes:
- A CCAA de Madrid modificou a xestión de listas de esperas, de tal xeito que empeza a contar o tempo cando xa teñen o preoperatorio feito e pasada a consulta de anestesia (aproximadamente un mes).
- Ofertan aos pacientes a posibilidade de ser operado nun centro privado no prazo dun mes, a contar dende entonces (xa levamos dous meses).
- De non aceptar, ese compromiso de ser operado nun mes xa non é válido, porque supostamente o sistema xa te ofreceu a posiblidade de ser intervido ciruxicamente e foi rexeitada.
Finalmente, ¿Quen chama a estes pacientes? Parece ser que no 2010, o entonces conselleiro Guemes privatizou o sistema de citas, e a empresa Indra que gañou o concurso ten un call center dende o que se fan a maioría destas chamadas.
Podes leer o artigo na seguinte ligazón:
derivación a clínicas privadas
Ningún comentario:
Publicar un comentario