NOVAS SEMANAIS

mércores, 30 de xaneiro de 2013

Supresión da paga extra: CSI-F valora de xeito positivo a providencia da Audiencia Nacional

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F) valora de xeito positivo a providencia da Audiencia Nacional e, dende o respecto á independencia ao Poder Xudicial, agarda que se suscite unha cuestión de constitucionalidade. De feito, CSI-F e o resto dos sindicatos dirixíronse recentemente á Defensora do Pobo e aos Grupos Parlamentarios para que promoveran un recurso de Inconstitucionalidade nos mesmos termos que suxire agora a Audiencia Nacional. Para CSI-F, o decreto do Goberno vulnera claramente as garantías constitucionais que garanten a imposibilidade de aplicar con carácter retroactivo a retirada da paga extra. De feito considera que este decreto ten un carácter confiscatorio inadmisible nun estado de Dereito. Dende a prudencia, á espera de coñecer unha decisión definitiva por parte dos tribunais, CSI-F agarda que o Goberno tome nota e rectifique canto antes, posto que ao longo das próximas semanas vai recibir unha catarata de reclamacións por parte dos diferentes ámbitos das administracións públicas, tanto do persoal funcionario, como laboral. Grazas ás presións de CSI-F, o pasado mes de decembro, Facenda decidiu devolver aos empregados públicos as cotizaciones correspondentes á paga extra de Nadal non cobrado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario