NOVAS SEMANAIS

venres, 25 de xaneiro de 2013

CSI-F esixe ao Goberno un Plan urxente de Ordenación de Recursos Humanos no sector público

Un total de 218.900 persoas perderon o seu emprego no sector público en 2012, o que supón un 7 por cento máis respecto ano anterior. Trátase do segundo ano consecutivo no que se destrúen postos de traballo no sector público, co agravante de que neste exercicio a perda de empregos foi case sete veces superior á de 2011, cando o emprego público descendeu en 32.400 postos de traballo.

Estes datos confirman as denuncias que veu realizando CSI-F -sindicato máis representativo nas Administracións Públicas- mes a mes sobre a destrución de emprego en sectores tan sensibles como a sanidade, os servizos sociais, a educación ou a xustiza.

Ademais, poñen en evidencia que hoxe máis que nunca é necesario un plan urxente de ordenación de recursos humanos no sector público para determinar as necesidades de persoal para garantir a correcta prestación dos servizos públicos que reciben os cidadáns.

CSI-F volve a emplazar ao Goberno a impulsar un pacto de Estado nesta materia. É preciso realizar un diagnóstico obxectivo e planificado dos recursos humanos para determinar as necesidades dos diferentes servizos; realizar a convocatoria urxente dunha oferta de emprego público; desenvolver un plan de consolidación emprego e da temporalidad.

O Plan de ordenación de recursos humanos debe conter tamén os sistemas de organización do traballo, a selección formación e movilidad do persoal, os plans e itinerarios de carreiras profesionais, ou a promoción da movilidad e promoción interna.

"Estamos asistindo a un ERE encuberto de emprego público. Na actualidade, acceder ao emprego público xa non é garantía de nada. Xogámonos o futuro do Estado Social que construímos en democracia, co esforzo de todos os españois", destaca o presidente de CSI-F, Miguel Borra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario