NOVAS SEMANAIS

martes, 1 de xaneiro de 2013

INDECENTE E MENDAZ (V): "O ANTICIPO".

A "benevolencia" do "magnánimo" Presidente da Xunta de Galicia non ten medida, tras recoñecer durante a campaña electoral que non lle podía pedir máis sacrificios os empregados públicos galegos, a sua grande preocupación por este colectivo levouno a propor "unha mellora do 3% do noso poder adquisitivo"(Ai deses ingratos que non saber ver a botella medio chea!!). Pero non  queda ahí a cousa, na sua incensante inquedanza por mellorar a nosa situación, e tras unha tormenta de ideas cos membros/as do seu gabinete, alumearon unha grande nova, imoslle  permitir en recoñecemento aos seus esforzos  solicitar un anticipo do 50% do 60% do 100% do que deberían cobrar na extra de xuño de 2013. NON TEÑO PALABRAS.

Ningún comentario:

Publicar un comentario