NOVAS SEMANAIS

domingo, 2 de decembro de 2012

Listas de contratación de Técnico superior e Técnico de grao medio en prevención de riscos laborais

No DOG de 29 de novembro de 2012 , ven de publicarse a Resolución do 21 de novembro de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se publican as listas provisionais de admitidos e excluídos para vinculacións temporais, no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade, das seguintes categorías estatutarias de xestión e servizos:
  1. Técnico superior en prevención de riscos laborais.
  2. Técnico de grado medio en prevención de riscos laborais. 
As persoas excluídas poden consultar as causas de exclusión no seu expedient-e, na epígrafe de "Procesos". A documentación correspondente á formación ou titulación exixida para o acceso pode ser emendada no przo de dez días naturais contados desde o día seguinto ao da publicación deste anunción no DOG, así como tamén os erros materiais que as persoas aspiranten teñana producido.
Unha vez resoltas as solicitudes de emenda, procederase á publicación dunha lista definitiva de excluídos e admitidos.
As persoas que non aparecen na relación de admitidos e excluídos é por causa de que a súa inscrición se formalizou con posterioridade ao día 26 de abril de 2012, polo que sairán na seguinte xeración de lista, de acordo co pacto citado.
Podes consultar o DOG na seguinte ligazón:

Ningún comentario:

Publicar un comentario