NOVAS SEMANAIS

xoves, 13 de decembro de 2012

E agora, copago no transporte sanitario non urxente

Segundo informa o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, éste xunto as Comunidades Autónomas, veñen de elaborar un borrador de orde ministerial que regula a achega do usuario en transporte sanitario non urxente. Ou o que é o mesmo, a partir de agora tamén teremos que pagar por esta prestación. Esta prestación está incluída dentro da carteira común suplementaria. Supostamente o transporte sanitario urxente queda "blindado" e non terá ningunha achega por parte do usuario.

Xustifican esta orde como un sistema para unificar a achega dos usuarios en toda España, que todos acheguen o mesmo con independencia da Comunidade Autónoma onde residan, e segundo dín  vanse a establecer criterios de equidad en función da renda e da cronicidade da enfermidade.  A achega non se establece en función de patoloxías concretas, pois se avaliará o estado do paciente. Para os enfermos con tratamentos prolongados establecerase a achega mínima.

O texto establece un prezo único por traxecto: 50 euros. Esta medida tómase para evitar penalizar a pacientes de zonas afastadas dos centros sanitarios ou rurais. Como norma xeral, terán achega reducida, polo que o usuario achegará o 10% (5 euros).

Establécense límites mensuais de 60 euros para as rendas superiores aos 100.000 euros anuais; 20 euros para quen gañan 18.000 a 100.000 (activos e pensionistas); e 10 euros para o resto.

Estes límites serán semestrais no caso de tratamentos periódicos superiores a seis meses, co que se protexe aos enfermos crónicos, que pagarán 1,6 ou 3,3 euros ao mes para a maior parte da poboación.

Estarán exentos os mesmos grupos que en farmacia (síndrome tóxica, rendas de inserción, parados de longa duración, etc.) e persoas que requiran tratamento derivado dun accidente laboral (cubrirao a mutua de accidentes, o INSS ou o Instituto Social da Mariña).

Non se considera transporte sanitario non urxente o traslado entre centros, polo que tamén estará exento de achega.

Os menores, persoas con discapacidade cognitiva, sensorial ou visual ou cando o seu estado de saúde así o requira poderán levar acompañante nos traxectos. Non terá ningún custo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario