NOVAS SEMANAIS

martes, 4 de decembro de 2012

Copago para os medicamentos de dispensación hospitalaria a non ingresados.

O Real Decreto-Lei 28/2012 de medidas de consolidación e garantia do sistema da Seguridade Social, publicado o pasado venres e no que se modificaban as pensións, inclúe "regalo sorpresa". Na súa disposición adicional primeira establece unha modificación do artigo 94 bis da Lei 29/2006, na que equipara os medicamentos de dispensación hospitalaria a pacientes non ingresados aos de receta médica, o que de feito ven a significar que poderán ser obxecto de copago farmacéutico. Velahí a transcripción da devandita disposición adicional: 

Disposición final primeira. Modificación da Lei 29/2006, de 26 de xullo, de garantías e uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios.
Modifícase o apartado 1 do artigo 94 bis da Lei 29/2006, de 26 de xullo, de garantías e uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios, que queda redactado do seguinte modo:
«1. Enténdese por prestación farmacéutica ambulatoria a que se dispensa ao paciente mediante receita médica ou orde de dispensación hospitalaria a través de oficinas ou servizos de farmacia.»




Ningún comentario:

Publicar un comentario