NOVAS SEMANAIS

martes, 18 de decembro de 2012

Incidencias nas listas de contratación de DUE, DUE 061, matrón/a, logopeda e traballador/a social.

COMUNICACIÓN DO SERGAS EN RELACIÓN COAS ÚLTIMAS LISTAS PUBLICADAS:
Por Resolución de 3 de Decembro publicada no DOG de 18 de Decembro de 2012, ordenase a publicación das listas definitivas de admitidos/excluídos e baremación provisional con número de orde, estando prevista a visibilidade dos resultados no FIDES/ expedient-e, apartado de procesos e tamén as listas completas na páxina web no día de hoxe.
A baremación de cada aspirante admitido/a resultou visible no expediente electrónico dende as 8 horas deste día 18 de decembro,  si ben  as listas previstas no anuncio anterior non foron xeradas por  incidencias técnicas que impidieron a súa publicación. 
Neste intre, están a resolver as incidencias, e está prevista unha nova execución de listas que conlevará a suspensión da visibilidade dos resultados no expediente-e/procesos. Por tal motivo, a xeración e publicación das listas completas está previsto que se realicen ao longo do día 21 de Decembro. A nova  publicación, será publicada no DOG e levará a unha ampliación dos prazos de reclamación e de recurso.
Desculpade as  molesias.


Ningún comentario:

Publicar un comentario