NOVAS SEMANAIS

mércores, 5 de decembro de 2012

CSI-F reclama a volta á XESTIÓN PÚBLICA da SANIDADE

O sector de Sanidade da Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F) reafírmase na súa aposta polo público e reclama a volta ao sistema sanitario con orzamentos finalistas, unha xestión profesional e unha xestión pública. Estas son as conclusións das V Xornadas de Debate do Sector Nacional de Sanidade do sindicato, celebradas a semana pasada en Madrid:

1.- CSIF reafírmase na súa aposta polo público.

2.- CSIF considera que o incremento do modelo de xestión coñecido como Colaboración Público-Privada ten a súa orixe nunha desafortunada combinación de mala xestión non profesionalizada, e orzamentos sanitarios non finalistas, polo que reitera a súa antiga e permanente solicitude da profesionalización da xestión e o carácter finalista dos orzamentos.

3.- CSIF considera viable o sistema tradicional, polo que avoga polos cambios citados que o fagan posible.

4.- Ante a súa imposibilidade para determinar as novas formas de Xestión, CSIF esixe a participación e información sindical previa á adopción de medidas, o respecto aos dereitos adquiridos dos empregados públicos, un observatorio que monitorice o gasto e a calidade do servizo, así como a creación dun marco regulatorio estatal unificado para as CCAA.

Madrid a 30 de novembro 2012

Ningún comentario:

Publicar un comentario