NOVAS SEMANAIS

luns, 17 de decembro de 2012

Listas definitivas: Enfermeiro/a, Enfermeiro/a 061, Matron/a, Logopeda, Traballador Social


Mañá, martes, 18 de decembro está prevista á publicación en DOG da Resolución de 3 de Decembro pola se da publicidade as listas definitivas de persoas admitidas e excluidas e baremación provisional con número de orde nas categorías seguintes, convocadas por sendas resolucións do 14 de marzo de 2012 publicadas no DOG do 26 de marzo de 2012:

  • Enfermeiro/a. 
  • Enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061. 
  • Enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía (Matrón/a). 
  • Logopeda. 
  • Traballador/a Social.


As persoas que resultaron admitidas e non estén de acordo coa puntuación obtida, poderán presentar unha reclamación ante a Dirección de Recursos Humanos no prazo de 10 días naturais dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG. Na seguinte ligazón tes a túa disposición un modelo de reclamación.

As persoas que presentaron a súa solicitude trala data do 26/04/2012, non figurará nestas listas. Daquela, a resolución da súa solicitude sairá na seguinte xeración que se formalice.


Ningún comentario:

Publicar un comentario