NOVAS SEMANAIS

luns, 24 de decembro de 2012

INDECENTE E MENDAZ (2): OU COMO INTENTAR ENGANAR A TODO O MUNDO

O venres 21 os sindicatos estabamos convocados a unha Mesa da Función Pública na que o Goberno indecente e mendaz que padecemos ía explicar os recortes que, antes das eleccións, negou se foran a producir . Como xa sabedes, aplicarase un recorte medio do catro por cento, (entre o 2 e o 6% segundo as retribucións). Para elo suprimen o complemento específico que cobramos coas extras de xuño e decembro, o que roman paladín ven supoñer un 40% menos en cada unha das citadas extras. Se sumamos a isto a explicación de que iamos cobrar un tres por cento máis que o ano anterior, quizais se podan comprender situacións coma a  que ilustra o seguinte vídeo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario