NOVAS SEMANAIS

xoves, 13 de decembro de 2012

En relación coa extensión ata o 31 de marzo do desfrute de vacación e LDs: Nota de RRHH Sergas

Transcribimos a continuación comunicación remitida dende a Dirección de RRHH do Servizo Galegode Saúde:

"Boa tarde, en relación co escrito procedente da Dirección Xeral da Función Pública do 7/12/2012 sobre a extensión ata o 31/03/2013 do desfrute de vacacións e días de libre disposición correspondentes a 2012 cómpre aclarar –perante as diversas dúbidas plantexadas ao respecto- que o réxime de desfrute de vacacións e días de libre disposición nas Institucións Sanitarias do Servizo Galego de Saúde atópase regulado por normativa específica pactada cos axentes sociais e plenamente vixente.
Por iso a citada extensión non é de directa e xeneralizada aplicación no noso ámbito, sen prexuízo dos pactos, acordos e mesmo prácticas pacificamente aceptadas que, no marco da nosa lexislación, existen nos diversos centros do organismo.
Esta mesma información ven de ser remitida aos diversos centros do Organismo".

Ningún comentario:

Publicar un comentario