NOVAS SEMANAIS

venres, 30 de novembro de 2012

Demanda nos tribunais para reclamar a devolución da paga extra

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F), UXT, CC.OO, e o resto de organizacións presentes na Plataforma Sindical e de Asociacións de Empregadas e Empregados Públicos presentarán unha demanda nos tribunais para que se lles devolva a paga de Nadal retirado polo "decreto de recortes" do Goberno.
Esta Plataforma, que agrupa a 33 organizacións presentes no conxunto do sector público español, emprenderá a partir de xaneiro, cando se consume a retirada da paga, dous procedementos paralelos: un ante a Audiencia Nacional (no caso do persoal laboral que se rexe polo Estatuto dos Traballadores) e outro pola vía do Contencioso Administrativo nos casos de persoal funcionario. 
Por outra banda, os sindicatos decidiron acudir á Defensora do Pobo para que promova un recurso de inconstitucionalidade contra a "Lei de Taxas Xudiciais" por vulneración do artigo 24 da Constitución e xa que logo, a tutela xudicial efectiva que consagra a nosa Carta Magna. 
Para rematar, a Plataforma trasladou o seu apoio ás mobilizacións realizadas na Comunidade de Madrid contra o plan de privatización da Sanidade e advertiron que deben de servir de aviso ao resto de comunidades autónomas, no caso de que queiran seguir os pasos do goberno madrileño.



Ningún comentario:

Publicar un comentario