NOVAS SEMANAIS

domingo, 30 de decembro de 2012

INDECENTE E MENDAZ (4): O axuste salarial manterase ata acadar a Xunta os ingresos do 2009

Segundo publica o xornal "Faro de Vigo", "A Xunta ve "necesario" manter o axuste salarial que aplicará o próximo ano (un 4% menos de soldo ao ano de media, un axuste que se reparte recortando as pagas extra de verán e Nadal) ata recuperar o nivel de ingresos que tiñan as arcas autonómicas en 2009. Os fondos da Xunta terán que crecer, e levan catro exercicios de recortes continuados, un 34,6% con respecto aos 8.479 millóns previstos para 2013".
Por si alguén non o tiña claro é evidente tras esta nova e tras coñecerse que  o equipo económico do Goberno da Xunta seguiu traballando nos presupostos durante o periodo electoral, que habería  novos recortes en materia salarial, o que casa moi mal con algunhas declaracións do candidato a Presidente da Xunta polo Partido Popular.
O  distanciamento entre o povo e a sua clase política cada vez é maior. Quen goberna (máis ben desgoberna) este país non está a altura do mesmo. Quen é capaz de mentir co único fin de acadar o poder, para unha vez nel, facer o contrario do que predicou na campaña electoral, perde calquer tipo de lexitimidade que as urnas lle poideran dar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario