NOVAS SEMANAIS

mércores, 31 de outubro de 2012

Puntualizacións de CSI-F á Enquisa de Estrutura Salarial 2010 do INE

En relación á Enquisa de Estrutura Salarial 2010 publicada 0 26 de outubro polo Instituto Nacional de Estatística, segundo a cal "O salario anual no sector público foi un 30,8 por cento máis que o salario medio", CSI-F quere realizar as seguintes puntualizacións:
- O groso dos traballadores do sector público ten un salario inferior á media do resto das empresas do sector privado.
- O resultado da enquisa do INE está distorsionada polos soldos dos directivos das empresas do sector público, en moitos casos superior á dos cargos públicos, como é o caso do propio Presidente do Goberno, e polo tanto non pode tomarse como referencia do conxunto de empregados públicos.
- A inmensa maioría dos traballadores da Administración Pública, Defensa e Seguridade Social son Administrativos e Auxiliares Administrativos e polo tanto, sen titulación superior, e o seu salario encóntrase igualmente por debaixo da media do sector privado.
- A enquisa establece unha media sobre realidades moi dispares, categorías, corpos, escalas, destinos e tipos de empregados públicos que impide realizar unha comparación obxectiva e moito menos unha afirmación xeral sobre a media dos salarios no sector público.
- Lonxe de cobrar un soldo un 30 por cento superior ao salario medio, os empregados públicos experimentaron unha perda do poder adquisitivo, esta si, do 30 por cento durante os últimos tres anos, como consecuencia dos sucesivos recortes, incluído unha rebaixa salarial do 5 por cento, tres conxelacións consecutivas e a detracción da Paga de Nadal deste ano.
- Polo tanto, CSI-F considera que os datos da enquisa do CIS ofrecen unha imaxe distorsionada da realidade dos 2,6 millóns de empregados públicos deste país e as súas familias e se non fose polo rigor e a profesionalidade que sempre caracterizou o INE, poderíase dicir que é malintencionada.
- Dende CSI-F vimos denunciado a campaña de desprestixio emprendida contra o colectivo de empregados públicos, aos que se nos chegou a situar como unha das causas da crise, cuestionando a nosa función, os equipos e a nosa profesionalidade.
 O problema das AA.PP. non é o tamaño do gasto público senón a súa eficiencia. Xerouse un gasto ineficaz, ineficiente e innecesario. A crise viuse agravada pola politización das administracións e a xestión irresponsable de políticos que crearon unha administración paralela con entes, fundacións e empresas públicas, algunhas delas non necesarias, para ocultar o déficit e escapar ao control administrativo.
- Do mesmo xeito, multiplicáronse os asesores, os postos de libre designación e os gastos superfluos asociados a estes postos, o ten que servido para confundir de xeito interesado á sociedade, desprestixiando a imaxe e a profesionalidade dos empregados públicos. Estes postos son os que elevan a estrutura salarial que sinala o INE.


Ningún comentario:

Publicar un comentario