NOVAS SEMANAIS

martes, 30 de outubro de 2012

Despidos colectivos na Administración: Publicado o Reglamento que os regula.

Hoxe ven de ser publicado no BOE o Real Decreto 1483/2012, de 29 de outubro polo que se aproba o Reglamento dos procedimentos de despido colectivo e de suspensión de contratos e reducción de xornada.
Coa entrada en vigor deste Real Decreto, a Administración poderá realizar despidos colectivos do persoal laboral contratado nas Administracións Públicas, cando concurran causas económicas ou técnicas. Entre as causas económicas contémplase a insuficiencia presupuestaria sobrevenida e persistente. Ésta está definida por dúas circunstancias: Por unha banda, que no exercicio anterior a Administración Pública na que se integra o Departamento afectado presentara una situación de déficit presupuestario e, por outra, que houbera unha minoración nas aportacións ao órgano en cuestión do 5 % no exercicio corrente ou dun 7% nos dous exercicios anteriores. Como queira que estas minoracións son responsabilidade da propia Administracións, ábrese a porta a arbitrariedade, xa que ela mesma  pode xenerar as condicións necesarias para levar a cabo un despido colectivo. Podes consultar o Real Decreto na ligazón que figura baixo estas liñas:

Tamén, podes consultar o Real Decreto 1484/2012, de 29 de outubro, sobre aportacións económicas a realizar polas empresas con beneficios que realicen despidos colectivos que afecten a traballadores de 50 anos ou mais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario