NOVAS SEMANAIS

xoves, 11 de outubro de 2012

Luns, 15 de outubro: Manifestación contra os recortes dende Vía Norte

 
O luns 15 de outubro os empregados públicos volvemonos mobilizar contra os continuos recortes e na defensa dos servizos públicos. CSI-F considera que  o  sector público xa pagou parte das condicións encubertas do rescate ao longo dos últimos tres anos:rebaixa salarial, tres conxelacións salariais consecutivas, retracción da paga extra, días de libre disposición, baixa laboral transitoria sen soldo e unha perda de poder adquisitivo de máis do 30 por ciento. Nesta situación, CSI-F está traballando coas principais organizacións sindicais sobre o escenario de unha folga, que de convocarse, será de carácter xeral, coa participación das Administracións Públicas. “Os empregados públicos padecemos xa as condicións encubertas do rescate a España e parece que o Goberno quérenos  empuxar á folga coa su actitude”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario