NOVAS SEMANAIS

mércores, 17 de outubro de 2012

Extra de Nadal: A "Defensora del Pueblo" recomenda a modificación do Real Decreto Lei 20/2012

No mes de setembro fixémonos eco de unha iniciativa en relación coa extra de Nadal. Tratábase de formalizar unha queixa ante a "Defensora del Pueblo" solicitando que procedera a presentación de un recurso de inconstitucionalidade contra o Real Decreto-Lei  20/2012, de 13 de xullo, en base ao artigo 14 da Constitución Española, ao discriminar a un sector da poboación polas suas circunstancias laborais e socialis, sendo, ademáis,  dito artigo susceptible de recurso de amparo.  Pois ben,  a "Defensora del Pueblo" comenzou a respostar os numerosos escritos remitidos en relación con esta cuestión, e,  se ben se inhibiu na presentación do recurso de inconstitucionalidade, considera que o cumplimento riguroso da norma pode provocar situación inxustas ou perxudiciais para os cidadáns, o que lle autoriza a suxerir a sua modificación. Concretamente, refirese a seguintes cuestións:
  1. O feito de que o destino futuro das cantidades derivadas da supresión da paga extraordinaria é susceptible de xerar un trato desigual entre aqueles empregados públicos que dispoñen de plans de pensións e os que non dispoñen dos mesmos.
  2. A dúbida xustficada respecto á posible existencia de dereitos adquiridos en función do traballo xa realizado e que debe ser retribuido cando se publicou o citado Real Decreto-Lei. 
  3. A norma carece de criterios de progresividade para a súa aplicación, máis alá da exclusión de aqueles empregados públicos que non alcancen en cómputo anual 1,5 veces o salario mínimo interprofesional, polo que o impacto económico da supresión da paga extraordinaria é desigual en razón das retribucións percibidas polos afectados e das obligacións económicas ás que deban facer frente.
En razón de todo isto, a "Defensora del Pueblo", ven de facer as seguintes RECOMENDACIÓNS en escrito dirixido a Secretaría de Estado das Administracións Públicas, instando a que se poña de manifesto a súa aceptación, ou en caso contrario as razóns que se estime para a súa non aceptación:
  1. Que se interpreten as previsións do Real Decreto-Ley no referido á supresión da paga extraordinaria do mes de decembro de 2012, dacordo coa doctrina constitucional, restrinxindo a súa aplicación á cuantía non devengada da mesma, referida ao momento no que se publicou a medida.
  2. Que se concrete o destino das cantidades derivadas da supresión da paga extraordinaria en exercicios futuros habilitando fórmulas adicionais ás aportacións a plans de pensións e contratos de seguro colectivos, de xeito que podan beneficiarse de tales retornos a totalidade de empregados públicos afectados pola medida.
 Podes consultar o documento completo na ligazón que figura baixo estas liñas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario