NOVAS SEMANAIS

luns, 15 de outubro de 2012

Nova OPE Médicos de Urxencias e FEAS

No DOG do 10 de outubro ven de publicarse o Decreto 198/2012, do 27 de setembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas categorías de persoal estatutario licenciado sanitario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2012.
O sistema de selección será o de concurso-oposición e reservarase un cincuenta por cento (50%) do total das prazas que se convoquen en cada categoría/especialidade para a súa provisión polo sistema de promoción interna. As prazas que non se provexan polo sistema de promoción interna acumularanse ás convocadas polo sistema xeral de acceso libre.
Relación de prazas :
  • Facultativo especialista de área: 164 prazas.
  • Médico de urxencias hospitalarias: 12 prazas.
Podes consultar o Decreto na seguinte ligazón:   Decreto OPE 2012

Ningún comentario:

Publicar un comentario