NOVAS SEMANAIS

xoves, 21 de xuño de 2012

Renuncia condicionada á participación no concurso de traslados.

O Servizo Galego de Saude ven de remitir un correo no seguintes termos: 

Recibidas consultas sobre a posibilidade de renuncia á participación no concurso de traslados, en supostos de participación no mesmo de dous cónxuxes ou parellas de feito debidamente acreditadas, estimamos que ao abeiro das bases da convocatoria, e dentro do prazo de presentación de instancias, é posible a realización dunha renuncia condicionada a que o outro cónxuxe non resulte adxudicatario de todos o algún dos destinos solicitados.

Esta renuncia condicionada deberá realizala cada un dos cónxuxes respecto da súa solicitude inicial, debendo presentar un escrito dirixido á unidade de validación á que se dirixa a instancia de participación e na que se indicará con claridade os termos da renuncia Tal solicitude de renuncia deberá presentarse, xunto coa instancia a que modifica ou copia desta. Deberá aportarse copia del libro de familia ou certificado que acredite a condición de cónxuxe ou parella de feito.

Ningún comentario:

Publicar un comentario