NOVAS SEMANAIS

venres, 15 de xuño de 2012

Publicada a Resolución pola que se abren as listas de contratación para determinadas categorías de persoal facultativo.


Tal e como vos adiantábamos con data 14 de xuño foi publicada  a RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se abre o prazo para a inscrición de aspirantes de diversas categorías sanitarias para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

De acordo co punto 1.4.5 do pacto citado, como consecuencia dos importantes cambios organizativos e de carácter técnico que supón a aplicación do expediente electrónico a procesos de selección, formalízase o inicio do proceso de inscrición para as listaxes seguintes:
1. Persoal médico de familia.
2. Persoal médico de urxencias hospitalarias.
3. Pediatra de Atención Primaria.
4. Médico/a coordinador/a do 061.
5. Médico/a asistencial do 061.
6. Médico/a especialista en medicina do traballo.

AS PERSOAS INTERESADAS EN FORMAR PARTE DAS LISTAXES DEBERÁN INSCRIBIRSE NOS MODELOS FORMALIZADOS DE INSTANCIA E A TRAVÉS DO CURRÍCULO PROFESIONAL HABILITADO ELECTRÓNICAMENTE NA PÁXINA WEB DO ORGANISMO WWW.SERGAS.ES, NA EPÍGRAFE FIDES/EXPEDIENT-E, IMPRIMIR O FORMULARIO EN PAPEL E FORMALIZAR O REXISTRO ADMINISTRATIVO.

Na inscrición farase constar expresamente a/s categoría/s á/s que opta e ámbito territorial de dispoñibilidade e demais declaracións que constan no modelo de inscrición.

AS LISTAS XERARANSE COAS PERSOAS INSCRITAS ATA O 14 DE XULLO DE 2012. OS MÉRITOS QUE SERÁN TIDOS EN CONTA NESTA PRIMEIRA XERACIÓN DE LISTAXES SERÁN OS CAUSADOS ATA O DÍA 30 DE XUÑO DE 2012 COA PUNTUACIÓN E NÚMERO DE ORDE QUE RESULTE DA APLICACIÓN DOS BAREMOS OPE 2008/2009 E DAQUELES QUE SE DETERMINAN PARA AS CATEGORÍAS ESTATUTARIAS NON INCLUÍDAS NA REFERIDA OFERTA PÚBLICA E QUE FIGURAN NA PÁXINA WEB DO ORGANISMO: WWW.SERGAS.ES

Podes consultar a RESOLUCIÓN na seguinte ligazón:

Ningún comentario:

Publicar un comentario