NOVAS SEMANAIS

luns, 18 de xuño de 2012

BOE: Regulación transporte sanitario por estrada.

No B.O.E. do pasado dia 8 de xuño publicouse o Real Decreto 836/2012, de 25 de maio, polo  que se establecen as características técnicas, o equipamento sanitario e a dotación de persoal dos vehículos de transporte sanitario por estrada.
Os novos conductores das ambulancias asistenciais, as que proporcionan soporte vital básico e/ou avanzado, deberán posuir ol título de FP de Técnico en Emerxencias Sanitarias. (Artículo 4 e Disposición transitoria 2ª, punto 1).
Os conductores que actualmente están traballando poderán seguir no seu posto de traballo e incluso aqueles que cumpran unha serie de requisitos poderán obter un certificado individual de habilitación. (Disposición transitoria 2ª, punto 2 y 3).

Non é imprescindible a existencia dun médico nas ambulancias de soporte vital avanzado, só "cando a asistencia a prestar así o requira". (Artículo 4 apartado c).
Se queres consultar o Real Decreto preme na seguinte ligazón:

http://smlk.es/6KaGt9

Ningún comentario:

Publicar un comentario