NOVAS SEMANAIS

venres, 15 de xuño de 2012

Grupo Auxiliar da Función Administrativa: Baremación como mérito de FP 2ª grado,, rama administrativa e comercial

Dende a Subdirección Xeral de Xestión e Políticas de Persoal do SERGAS, informannos que se ten detectado  un erro, xa subsanado, na catalogación como mérito de FP 2º grado, rama administrativa e comercial. Esta titulación debe computar como mérito noutras actividades nas categorías de G. Auxiliar da F. Administrativa e PSX, e por un erro de mecanización, non aplicou como mérito á categoría de Grupo Auxiliar da Función Administrativa. 
Debido o  gran número de persoas afectadas e ante as dificultades para a xeración dun novo listado enmendado, informan as persoas interesadas que xa foi subsanado na aplicación e que sairá baremada dita titulación nas listas definitivas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario