NOVAS SEMANAIS

mércores, 13 de xuño de 2012

Listas de contratación auxiliares administrativos, PSX e celadores Sergas

O día 14 de Xuño publicaranse as listas definitivas de admitidos/excluídos de auxiliares administrativos, persoal de servizos xerais e celadores. Así tamén a baremación coa puntuación e número de orde provisional. Tamén se publican o número de titulares e suplentes de listas de curta duración de celadores. As listas estarán publicadas na web do SERGAS e na intranet.

Facilitaremos modelos de reclamación por si fora de utilidade para formalizar as posibles reclamacións contra a puntuación obtida. Ter en conta que o prazo é de 10 días naturais  a contar dende o día 14 de Xuño.

Contacto: Csif.Chuvi@sergas.es


Ningún comentario:

Publicar un comentario