NOVAS SEMANAIS

xoves, 21 de xuño de 2012

PSX, celadores e auxiliares da función administrativa: Nova xeración de listas.

Como xa comentamos nunha entrada anterior, as titulacións de FP2 da rama administrativa e comercial non se catalogaron como mérito na baremación do grupo auxiliar administrativo. Por outra banda, os servizos prestados noutra categoría en institucións sanitarias do SNS na mesma área funcional so foi aplicado nun área funcional pero non en todas as previstas para cada categoría. Estes erros, segundo informa o SERGAS xa foron correxidos. Debido o gran número de persoas afectadas  e sen agardar as listas definitivas (como se dixo nun primer momento), mañá venres día 22 de xuño, vaise proceder a unha nova xeración de listas de admitidos e excluídos e unhas novas listas provisorias de baremación das categorías de PSX, celadores e auxiliar da función administrativa. Na Resolución que se publicará no DOG ese mesmo día, reábrense os prazos de reclamacións ou recurso no seu caso. Podes consultar dita Resolución na ligazón que figura a continuación:

Ningún comentario:

Publicar un comentario