NOVAS SEMANAIS

mércores, 16 de outubro de 2013

Proposta de CSI-F na última xuntanza da comisión central do pacto de contratacións

CSIF INFORMA:

  • Na última reunión da comisión central de seguimento do pacto de contratacións, CSI-F presentou unha proposta para que determinadas suspensións deixasen de ser consideradas como tales, e considerásense excepcións, deixando xa que logo de ser "sancionadas" entre 15 días e un mes, polo que se xeraría a activación nos chamamentos con inmediatez á finalización da causa pola que non se puediera atender o chamamento. 
  • A administración estaba moi reacia e afirmaba que non ía a consentir que se utilizasen tales excepcións como "coladeira", para que a xente pervirtiese a orde de chamamentos, esquivando os que non lle interesaban, para conseguir outros mellores.
  • Ao final, e co apoio do resto dos sindicatos, propuxemos que unha serie de casos tales como: enfermidade grave ou falecemento de familiar (ata segundo grado), consulta de especialidade citada con anterioridad ao chamamento, deberes públicos de atención inexcusable, cursos de formación continuada homologados con admisión anterior ao chamamento, exames finais ou oposicións na comunidade autónoma e relacionados coa categoría laboral... deixaran de ser consideradas  suspensións de chamamento e xa que logo deixasen de ser "sancionados". 
  • A administración afirmou que o estudaría para determinar si houbese que engadir condicionantes, pero en principio parece que están dispostos a aceptalo. Gustaríanos  ampliar situacións, pero iso suporía que non aceptarían ningunha.
  • Cando haxa noticias definitivas seguirémosvos informando. Para calquera dúbida podedes contactar cos delegados sindicais.

    un saúdo,

    delegados/as de csif

Ningún comentario:

Publicar un comentario