NOVAS SEMANAIS

xoves, 17 de outubro de 2013

Inspectores da OCDE acoden a España a evaluar a reforma das Administracións Públicas


Inspectores da Organización para a Cooperación e Desenvolvemento Económico (OCDE) acudiron hoxe a Madrid para evaluar a reforma das Administracións Públicas que está impulsando o Goberno. No marco desta visita, mantiveron un encontro coas organizacións sindicais máis representativas para abordar a situación dos recursos humanos.

Neste encontro, a Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F), trasladou aos representantes desta organización o seu rexeitamento aos recortes emprendidos polo Goberno de xeito unilateral sobre as condicións laborais, os dereitos dos traballadores e a redución do persoal en máis de 370.000 efectivos ao longo dos últimos dous anos.

Ante esta situación, CSI-F reclamou un Plan de Recursos Humanos onde se analicen o estado dos persoais e o deterioro nos servizos públicos, para a continuación realizar unha Oferta Pública de Emprego na que se reforcen os efectivos alí onde sexa necesario.

A perda de efectivos e a non reposición das prazas de persoal xubilado van provocar o colapso da Administración, ou a súa privatización a medio-curto prazo, tendo en conta que o 50 por cento dos empregados públicos teñen máis de 55 anos.
Así mesmo, CSI-F reclama que se poña en marcha a avaliación do desempeño con criterios de objetividad.

CSI-F séntese decepcionado coas medidas contempladas na reforma das Administracións Públicas porque, en materia de persoal, únicamente inclúen recortes. Pola contra, deberíase potenciar o emprego de calidade e cualificado e alcanzar un Pacto de Estado para modernizar as administracións públicas, con criterios de eficiencia e respecto ao papel do empregrado público.

Neste sentido, CSI-F trasladou aos representantes da OCDE a súa preocupación pola ausencia de diálogo social e o bloqueo da negociación en todas as cuestións que afectan a persoal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario