NOVAS SEMANAIS

martes, 22 de outubro de 2013

Acordo do Parlamento de Galicia sobre Xestion Clínica: Xestión Directa e co persoal estatutario

A continuación transcribo o contido da Resolución  aprobada no Parlamento de Galicia o 15 de outubro en relación coa Xestión Clínica. A mésma establece que a Xestión Clínica respoderá a un modelo de xestión directa e o rexime xurídico do persoal será estatutario:

O Pleno do Parlamento de Galicia, na sesión do día 15 de outubro de 2013 aprobou no punto único da orde do día (Debate anual de política xeral: doc. Núm. 12802, 09 DEBA-000001), as seguintes resolucións:
1ª Resolución:
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia ao desenvolvemento da Xestión Clínica co obxectivo de facilitar a participación e autonomía profesional na xestión. A mesma responderá sempre a un modelo de xestión directo, sen personalidade xurídica propia, para evitar a súa posible conversión en fundacións, consorcios, empresas…, e o réxime xurídico co persoal das mesmas será o de estatutario.”
Aprobada por 58 votos a favor, 17 en contra e ninguna abstención.

(Resolución resultante da transacción elaborada a partir da proposta de resolución núm. 40 do G.P. Popular de Galicia con G.P. do Bloque Nacionalistas Galego).

A continuación podes ver a Resolución orixinal escaneada:


Ningún comentario:

Publicar un comentario