NOVAS SEMANAIS

martes, 5 de marzo de 2013

Sanidade e Servizos Sociais lideran a destrución de emprego xunto a construción

As Actividades Sanitarias e os Servizos Sociais son xa os sectores que rexistran unha maior destrución de emprego xunto á Construción, cun descenso de 171.050 afiliados (un 11,95 por cento menos), respecto de febreiro do ano pasado, segundo os datos publicados hoxe polo Ministerio de Emprego e a Seguridade Social. De feito, en termos absolutos, é o sector no que se produciu unha maior desocupación, respecto ao mesmo periodo do ano anterior, seguido do sector do ladrillo con 153.086 baixas e a industria manufacturera, con 107.358 baixas. Estes datos son froito da sangría de empregos que arrastran a Sanidade e os Servizos Sociais durante os últimos seis meses, pola amortización de prazas de persoal interino e os recortes emprendidos nas diferentes comunidades autónomas. Neste periodo, destruíronse de xeito consecutivo un total de 239.601 empregos. Os datos do Ministerio de Emprego marcan o inicio desta tendencia no pasado mes de setembro e a evolución é a seguinte: setembro 2012 (22.643 empregos menos); outubro (-43.301); novembro (-93.309); decembro (-56.223); xaneiro (-14.521) e febreiro (-9.604). Outros ámbitos, con presenza protagonista no sector público, como a Administración, Seguridade Social e Defensa, así como la Educación, rexistraron un saldo positivo de contratos durante o mes de febreiro, con 5.040 e 12.373 altas respectivamente. No entanto, en termos interanuales as cifras seguen sendo moi preocupantes, con 52.752 baixas na Administración e 28.213 na Educación. A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F), sindicato máis representativo nas Administracións Públicas, lanza unha voz de alarma ante o progresivo deterioro que se está producindo nun sector fundamental do noso Estado do Benestar. Hai que ter en conta que no conxunto do sector sanitario, os empregos de persoal público representan o 80 por cento i é neste colectivo onde se está producindo a principal destrución de emprego. Se os poderes públicos non poñen freo a esta situación, en pouco tempo comprobaremos como se dilapidou un dos sistemas sanitarios que gozou de maior prestixio a nivel europeo e por extensión, a nivel mundial. Neste sentido, CSI-F reclama a convocatoria urxente da mesa sectorial do Ministerio de Sanidade para poñer en común estes datos e analizalos en coordinación cos representantes das diferentes comunidades autónomas. Chegou o momento de decidir se a sanidade pública e os servizos sociais deben ser a moeda de cambio na redución do déficit. CSI-F no ámbito da súa responsabilidade como suxeito activo da sociedade civil, desde logo, non o vai a consentir.

Ningún comentario:

Publicar un comentario