NOVAS SEMANAIS

martes, 5 de marzo de 2013

A Audiencia Nacional da a razón aos empregados públicos

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F), sindicato máis representativo nas Administracións Públicas, felicitouse hoxe pola decisión da Audiencia Nacional de suscitar unha cuestión de inconstitucionalidade pola retirada da paga extra de Nadal aos empregados públicos. O presidente de CSI-F, Miguel Borra, considera que esta decisión apoia o argumento dos sindicatos cando plantexaron ás diferentes administracións que a crise económica non era unha xustificación suficiente para retirar, con carácter confiscatorio, as retribuciones económicas e os dereitos consolidados do persoal ao servizo das Administracións Públicas. Á espera de coñecer a decisión final da xustiza, o sindicato cre que a actuación da Audiencia Nacional é un paso moi importante na loita dos traballadores por recuperar a súa paga. Neste sentido, Miguel Borra advirte que tanto o Goberno, como as comunidades autónomas de Cataluña, Andalucía ou Galicia (que recentemente adoptaron medidas similares) deben tomar boa nota porque van recibir un goteo constante de resolucións xudiciais en contra dos seus recortes arbitrarios e inxustos. CSI-F e o resto dos sindicatos que forman parte da Plataforma Sindical e de Organizacións Profesionais das Administracións Públicas, suscitaron reclamaciones da paga extra en todos os niveis e sectores da Administración. Unha das últimas foi esta mesma semana, coa presentación dunha demanda para reclamar a paga dos máis de 50.000 traballadores laborais que forman parte da Administración Xeral do Estado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario