NOVAS SEMANAIS

domingo, 3 de marzo de 2013

CSI-F reclama ao Goberno un catálogo básico de servizos públicos para acoutar as privatizaciones

Primeira reunión do Consello Asesor para a reforma das Administracións Públicas

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F) propuxo hoxe ao Goberno a elaboración dun catálogo básico, de referencia para o conxunto das administracións, no que se determine aqueles servizos que deben ser de carácter público e, xa que logo, prestarse única e exclusivamente por empregados públicos.

CSI-F, sindicato máis representativo nas Administracións Públicas,  levou esta proposta ao Consello Asesor para a reforma das Administracións Públicas, que se reuniu hoxe por primeira vez no Palacio da Moncloa, coa misión de colaborar no deseño, ejecución e posta en marcha desta reforma, cualificada como "prioritaria" polo Executivo.
CSI-F considera que os empregados públicos deben exercer un papel central e protagonista nesta reforma; que se debe garantir a estabilidade dos postos de traballo e os servizos públicos esenciais que reciben os cidadáns e desde logo, evitar que esta reforma se produza a costa da privatización ou externalización masiva de entes e organismos e o empeoramento das condicións laborais. Ademais, a reforma debe realizarse sen imposicións e con absoluta transparencia.

Neste sentido, CSI-F entende que o Goberno debe delimitar con claridade meridiana que servizos públicos deben prestar as administracións directamente a través dos empregados públicos e cales a través doutras formas de xestión. É dicir, que deben e que non deben facer as Administracións Públicas, e prescindir de entes, gastos superfluos e empresas politizadas, coa contratación de persoal sen os adecuados controis (os criterios de igualdade, mérito capacidade e publicidade que determina o dereito público). Outra proposta nesta mesma liña pasa pola creación dun rexistro de asesores.

CSI-F espera que o Goberno aproveite esta oportunidade para alcanzar un verdadeiro pacto de Estado polas Administracións Públicas, para modernizar o sector público, mellorar en eficacia e transparencia e dignificar o papel dos empregados públicos, inxustamente maltratados na crise. Os empregados públicos son básicos para garantir a imparcialidad e a transparencia das estruturas do Estado.

CSI-F seguirá moi de preto os traballos do Consello Asesor para que o Goberno o dote de contido e estableza un calendario de traballo e advirte  que os empregados públicos non aceptarán ser convidados de pedra nesta reforma.

Ningún comentario:

Publicar un comentario