NOVAS SEMANAIS

luns, 25 de marzo de 2013

As empresas privadas "fan o agosto" na Administración pola conxelación de emprego público

O Goberno cambia o modelo de administración de xeito encuberto.
 A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F), sindicato máis representativo nas administracións públicas, considera que a Oferta Pública de Emprego aprobada o 22 de marzo polo Consello de Ministros é absolutamente insuficiente e deixa a Administración Xeral do Estado nunha situación "baixo mínimos" que agravará o efecto dos recortes sobre os cidadáns.
Ademais, CSI-F considera que o Goberno está modificando o modelo de administración de xeito encuberto. A congelación da oferta pública de emprego está xerando a progresiva entrada da empresa privada, a través da externalización de servizos e postos relacionados coa xestión, que ata agora estaban reservados a empregados públicos.
A oferta pública é insuficiente de seu, pero ademais, as poucas prazas están mal distribuídas, limitándose fundamentalmente a empregados públicos de titulación superior, relegando a empregados relacionados con postos de xestión e servizos.
Na actualidade, consolidouse a tendencia a externalizar postos relacionados coa hostelería, a vixiancia ou a limpeza. Pero CSI-F ten constancia de que xa se están externalizando tamén postos estructurais de condutores e ordenanzas. Este é o caso, por exemplo, da Dirección Xeral da Seguridade Social en Barcelona, que recientemente, adxudicou a unha empresa privada os seus ordenanzas.
Tamén é novedosa este ano a externalización da vixilancia privada nos perímetros das prisións. A congelación da oferta pública tamén está deteriorando departamentos tan sensibles como o Servizo Público de Emprego Estatal, o Fondo de Garantía Salarial, ou o Imserso, coa particularidade neste último caso de que os empregados públicos realizan un labor asistencial.
Tamén é especialmente sangrante o caso da Xustiza. Pese a alcanzar un acordo cos sindicatos para ofertar 1.100 prazas, o departamento de Montoro impúxose ao de Gallardón, limitando esta a 300 (menos dunha terceira parte), o que deixa á xustiza nunha situación de absoluta precariedad de medios persoais. Capítulo separadamente merece o persoal laboral, que únicamente pode acceder a 8 prazas, destinadas iso si, a discapacitados intelectuais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario