NOVAS SEMANAIS

domingo, 17 de febreiro de 2013

Pleno dereito dos homes ao permiso de lactancia

A Función Pública española recoñece por primeira vez o pleno dereito dos homes ao permiso de lactancia
CSI-F logra unha resolución histórica no reparto de roles entre homes e mulleres
Os pais, empregados públicos, poderán gozar do permiso de lactancia, en pleno dereito, con independencia de que a muller traballe por conta allea ou non, segundo consta nunha resolución do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, que marca un antes e un despois no ámbito da igualdade de xénero e no dereito administrativo.
A resolución dá a razón a un funcionario de prisións (A.M.R.S) no cárcere de Herrera da Mancha, pai recente de mellizos, ao que inicialmente se lle denegou o seu dereito ao permiso de lactancia.
A Administración denegoulle o permiso ao considerar que o titular do dereito é a nai, salvo naqueles casos nos que a muller, de xeito expreso, lle céda esta potestade ao pai. A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F) –sindicato máis representativo nas Administracións Públicas— recorreu esta resolución por sexista e discriminatoria.
Tralas alegaciones do sindicato, baseadas na xurisprudencia europea, Facenda reconsiderou a decisión, que senta precedente. Desde este momento, na Función Pública desvincularáse o permiso de lactancia do feito biolóxico de dar o peito, entre outras cousas, porque hoxe en día a lactancia natural pódese substituír por un biberón de leite artificial ou un sacaleite.
CSI-F considera que se trata dun avance histórico en igualdade. A lactancia debe considerarse como un tempo de coidado en favor do fillo e polo tanto, unha medida conciliadora da vida familiar e laboral. É dicir, aínda que a muller non traballe, non ten por que dedicarse de xeito exclusivo ao coidadol do recentemente nado (tamén pode buscar traballo, formarse e por suposto gozar do seu tempo libre) e o varón, de xeito paralelo, exercer a súa condición de pai corresponsable.

Ningún comentario:

Publicar un comentario