NOVAS SEMANAIS

luns, 11 de febreiro de 2013

Cursos de formación continua (FEGAS)

Recordámosvos que hoxe se publicou no DOG a RESOLUCIÓN conxunta do 26 de decembro de 2012, da Dirección de Recursos Humanos e da Escola Galega de Administración Sanitaria, pola que se convocan cursos de formación continua para o persoal do Servizo Galego de Saúde.
As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de preinscrición telemática na páxina web da Fegas (www.fegas.es).
Prazos de inscrición:
-          Para as edicións das accións formativas do primeiro semestre, o prazo comezará o día 15 de febreiro de 2013 e rematará o día 28 de febreiro de 2013.
-          Para as edicións das accións formativas do segundo semestre, o prazo comezará o día 3 de xuño de 2013 e rematará o día 16 de xuño de 2013.
Podedes ver a resolución completa no seguinte enlace: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130211/AnuncioG0003-040213-0001_gl.html 

Ningún comentario:

Publicar un comentario