NOVAS SEMANAIS

mércores, 26 de febreiro de 2014

Sanidade nega a privatización de esterilización, pero fóra de Galicia presumen do seu modelo.

Sanidade nega que se vaia a privatizar a esterilización, pero fóra de Galicia presumen do seu modelo.
Un alto cargo do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) presentarao nun congreso internacional.

Do 14 ao 16 de maio celebrarase en Cartagena o XXI Congreso Internacional do CEDEST (Club Español de Esterilización). No programa científico provisional anúnciase un relatorio titulado “O Modelo do SERGAS de externalización da esterilización”. O ponente de devandito relatorio será D. Pablo Torres Arroxo, Director Xeral de Recursos Económicos do SERGAS.
A Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, defendeu que a adjudicación a unha empresa, por 160 millóns, dos labores de esterilización do material sanitario "non é exactamente unha externalización", senón que constitúe "outro xeito de gestionar".
O goberno do PP de Madrid, ante a enorme presión cidadá, fracasou no seu intento de privatización de varios hospitais. Para evitalo, en Galicia intentan unha nova estratexia: privatizar a sanidade por parcelas.
Desde CSI·F, sindicato máis representativo nas Administracións Públicas, seguimos denunciando calquera intento de privatización dos servizos públicos. E iso malia que sigan ocultando e negando información aos traballadores e á poboación en xeral a través dos medios de comunicación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario