NOVAS SEMANAIS

luns, 17 de febreiro de 2014

Concurso de traslados: Corrección de erros e novo prazo de participación en determinadas categorías

Transcribimos información enviada pola Subdirección Xeral de Selección e Políticas de Persoal do Servizo Galego de Saúde:
Infórmase que logo de que finalice o prazo de inscrición no concurso de traslados convocado por Resolucións da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 8 de xaneiro de 2014 publicarase no Diario Oficial de Galicia unha corrección de erros do Anexo III (Prazas ofertadas por categoría) e Anexo IV (Prazas a resultas) das respectivas convocatorias e pola que se reabrirán os prazos de participación no concurso polo período dun mes, nas seguintes categorías:

-          Enfermeiro/a
-          Enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía (matrón/a)
-          Médico/a de familia
-          Pediatra de Atención Primaria
-          Técnico/a de anatomía patolóxica e citoloxía
-          Fisioterapeuta
-          Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico
-          Técnico/a en coidados auxiliares de enfermería.

Ningún comentario:

Publicar un comentario