NOVAS SEMANAIS

xoves, 20 de febreiro de 2014

Publicación listas definitivas de técnicos sanitarios

Infórmase que hoxe xoves, 20 de febreiro, ven de publicarse  no Diario Oficial de Galicia a RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal das categorías de tecnicos sanitarios.  As listas co número de orde e puntuación definitiva obtidos polas persoas aspirantes admitidas atópanse publicadas, a disposición das persoas interesadas, na paxina web do Servizo Galego de Saude (www.sergas.es). 
Ademáis o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expediente-e/sección de procesos. A data da súa entrada en vigor será o 24 de febreiro.
Podes cosultar a Resolución na seguinte ligazón: Resolución listas definitivas técnicos sanitarios

Ningún comentario:

Publicar un comentario