NOVAS SEMANAIS

xoves, 27 de febreiro de 2014

CSI-F denuncia que os recortes están deteriorando o sistema MIR

CSI-F quere denunciar, tras unha enquisa realizada a 1236 médic@s e enfermer@s internos residentes en todo o territorio nacional, que o deterioro que, como consecuencia dos recortes, se está a producir no Sistema Nacional de Saúde, está afectando tamén e de xeito moi grave ao sistema MIR de formación de residentes.

Hai un incumprimento cada vez maior do lexislado no Estatuto do MIR, lei que, por certo, apenas algunhas comunidades autónomas, han trasposto e desenvolvido á súa normativa vixente.
Reduciuse nalgunhas rexións, como Cataluña, o número de horas de atención continuada (gardas), co que o desenvolvemento práctico dos coñecementos que ha de adquirir o médico queda moi mermado. Non só non se tutoriza o labor do residente por falta de facultativos (aos que  xubilaron ou están de baixa  e non se substituíron) senon que,  ainda por riba, utilizase ao residente como responsable da asistencia en solitario. Nalgunhas especialidades , só está de presenza física o médico interno residente mentras o seu médico adxunto está de garda localizada.
Suprimíronse a oferta de cursos , algúns dos cales débense realizar durante o programa de formación por estar incluidos nos programas da especialidade. Obrígase á realización dun exceso de horas non retribuidas , por exemplo  para cubrir  os sábados, as ausencias e/ou potenciar servizos, no canto de contratar persoal.

En definitiva, estase alterando o "estatus quo" dos hospitais e centros de saúde, baixando a calidade asistencial e mermando a formación dos  especialistas que deberían exercer nun futuro próximo no Sistema Nacional de Saúde.  

CSI-F esixe ao Ministerio de Sanidade e ás Administracións Sanitarias Autonómicas, que respecten dunha vez por todas liñas vermellas marcadas por necesidades sociais e por toda lóxica, e en consecuencia respectar formulacións que viñan de atrás funcionando correctamente.

Que segue habendo e cada vez máis, moito marxe para recortes, sobre todo si recortamos en actuacións con interese político e partidista, que non sociais, e que son un despilfarro continuo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario