NOVAS SEMANAIS

mércores, 4 de xullo de 2012

Incremento nas listas de espera do Sistema Nacional de Saúde


A axencia Europa Press recolle na súa web que o número de pacientes en lista de espera cirúrxica do Sistema Nacional de Saúde (SNS) aumentou un 17,2 por ciento no pasado ano, pasando de 392.072 pacientes en 2010 a 459.885 a data  de decembro do 2011. Estes datos foron aportados polo Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade e aprobados para a súa difusión no Consello Interterritorial do SNS do pasado mércores. As especialidades nas que se produciu o maior incremento no 2011 foron  Traumatoloxía donde se rexistraron 26.367 pacientes de diferencia con respecto ao 2010. Ciruxía Xeral e Dixestivo e  Oftalmoloxía, tamén superaron ampliamente o número de pacientes con respecto ao ano anterior (14.095 y 12.266, respectivamente).
A espera en consulta, por outra banda, tamén aumentou, pasando a porcentaxe dos que agardan con data asignada a máis de 60 días do 35 ao 38 por cento no 2011. Neste caso as especialidades máis demandadas son Oftalmoloxía, Traumatoloxia e Dermatoloxía.
Podes consultar o informe na seguinte ligazón:

Ningún comentario:

Publicar un comentario