NOVAS SEMANAIS

luns, 23 de xullo de 2012

CSI-F e as organizacións sindicais do sector público constituen unha plataforma contra os recortes

CSI-F, sindicato maioritario das administracións públicas,  xunto máis de 20 organizacións presentes no sector público no conxunto do estado, constituiron o día 19 de xullo unha plataforma sindical e de asociacións profesionais para facer frente común aos recortes do goberno con diferentes medidas de presión.
Estas organizacións promoverán plataformas similares nas comunidades autónomas e porán ao servizo dos traballadores os seus servizos xurídicos para interpoñer recursos contra calquera dos danos causados directamente aos seus intereses pola promulgación do Real Decreto. Ademáis instan a todos os empregados públicos a participar nas manifestacións convocadas "frente as agresións perpetradas contra a cidadanía que non teñen precedentes na historia da democracia.
Podes ampliar información premendo no seguinte enlace:

Ningún comentario:

Publicar un comentario