NOVAS SEMANAIS

martes, 10 de xullo de 2012

Listas provisionais de Enfermería, E.061, Matronas, Logopedas, Traballador social e Psicólogo clínico.

Hoxe, martes 10 de xullo ven de ser publicada no D.O.G.  a Resolución pola que se publican as listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as das seguintes categorías:
-         Enfermeiros/as
-         Enfermería do 061
-         Matróns/as
-         Logopedas
-         Traballador/a social
-         Psicólogos/as clínicos

Os excluidos poden consultar a causa de exclusión no seu expediente-e. Os que non figuren nin admitidos nin excluidos, supostamente, é por causa de presentar a documentación despois do 26  de abril, polo que tal é como establece o novo pacto sairán na seguinte xeración de listas.
O prazo de emenda son 10 días naturais dende o día seguinte á publicación no DOG.
Se queres consultar a Resolución, preme na seguinte ligazón:

As listas admitidos e excluídos de técnicos superiores e de grao medio de prevención, non se publicarán previsiblemente ata despois do verán por algún problema de titulacións que están pendentes de resolver.

Ningún comentario:

Publicar un comentario