NOVAS SEMANAIS

luns, 23 de decembro de 2013

Recuperación do cuarto día de libre disposición: Efectos xurídicos e condicións de aplicación

En relación coa publicación no Boletín Oficial do Estado (núm. 305) da Lei Orgánica 9/2013, do 20 de decembro, de control da débeda comercial no sector público, na que se recollen catro días ao ano por asuntos particulares, e segundo informan da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, ao longo desta mesma semana comunicaranse formalmente ás estruturas organizativas de xestión integrada e entidades adscritas á Consellería de Sanidade os efectos xurídicos e condicións da súa aplicación ao exercicio 2013 (así como o seu desfrute no ano 2014).

Ningún comentario:

Publicar un comentario