NOVAS SEMANAIS

mércores, 25 de decembro de 2013

O BOE publica os novos recortes de MUFACE na sanidade dos funcionarios.

CSI-F reclama garantías para a viabilidade da mutua, trala saída de Sanitas
O Boletín Oficial do Estado publicou hoxe o concerto subscrito entre o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas e as entidades de seguro para a prestación sanitaria na Mutualidad de Xeneral de Funcionarios Civís do Estado (MUFACE) ao longo de 2014.

Este concerto é froito da ruptura unilateral do convenio subscrito coas aseguradoras sanitarias o pasado mes de xuño e que se saldou coa saída de Sanitas. Os funcionarios teñen o mes de xaneiro para cambiarse a unha das catro aseguradoras que se manteñen: Asisa, Adeslas, DVK e Igualatorio de Cantabria.
Así como recortes en diferentes prestaciones sanitarias, como a periodoncia (tratamentos dentales para enfermidades das encías e do óso). Ademais, Muface fai extensivos os recortes na sanidade pública, como é o caso do copago en medicamentos hospitalarios (incluído algúns tratamentos contra o cancro), o copago no transporte sanitario non urxente ou a reprodución asistida.
O Goberno xa recortou este ano nun 22 por cento as prestaciones aos funcionarios. De feito, suprimíronse programas como axudas á dependencia, podología e termalismo social para maiores, programas de becas de estudo e residencia para mutualista, ou o programa para a adquisición de vivenda propia.
Tamén se recortaron o subsidio de xubilación (reduciuse á cuarta parte) e o subsidio por defunción. Todos estes recortes mantéñense. Ademais, as contas de Muface víronse reducidas en máis de 100 millóns ao longo dos últimos cinco anos, entre 2009 e 2013, como consecuencia das redución das achegas do Ministerio de Facenda, a utilización do remanente de tesorería e a congelación das ofertas de emprego público, o que impediu a entrada de novos titulares e beneficiarios no sistema.
Esta situación pode comprometer a medio prazo o futuro da mutualidad. De feito, no presente exercicio, o remanente de tesorería reduciuse nun 68,47 por cento, ata os 71,6 millóns de euros.
Por todo iso, CSI-F esixe ao Goberno que renove o compromiso cun plan de viabilidad de Muface, unha mutua que ao longo da súa existencia foi modelo de atención sanitaria, de calidade e de eficiencia, como o demostra o feito de que está ao día no pago ás aseguradoras, aos hospitais e as farmacias e que libera ao sistema sanitario público dunha considerable presión asistencial, atendendo a máis de 1,5 millóns de persoas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario